EXERCICIO Nº 29

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 21-10-2009

flores“Lembro unha mañá clara do Noveno Mes despois dunha noite de chuvia continua. Malia que o sol brillaba aínda quedaban pingas de orballo nos crisantemos do xardín. Nos cercos de bambú e nos bordos entrelazados vin retallos dunha arañeira e onde racharan os fíos vin colgando pingas de chuvia que semellaban contas de perlas brancas. Sentinme conmovida e encantada. Ao aumentar a luz do día, o orballo foi esvaecendo do trevo e das outras plantas onde antes abondaba; as ramas axitáronse e despois erguéronse ao mesmo tempo coma se falasen para pórse de acordo. Despois conteille á xente o fermoso que fora todo iso. O que máis me impresionou foi que ninguén se impresionara.”

O libro da almofada – Sei Shonagon

(…… Seymour, hai xente que finxe que non se impresiona só para agochar que ficou abraiada, va que si?…)

Imaxe:  Raoul Dufy

Comments:

(11)EXERCICIO Nº 29There are Comments for the