EXERCICIO Nº 28

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 05-10-2009

libro embriagado

“Hai que estar sempre embriagado. Todo consiste niso: é a única cuestión. Para non sentir a carga terrible do Tempo, que vos creba os ombros e vos inclina cara o chan, tedes que emborracharvos sen tregua.

Pero ¿de que? De viño, de poesía ou de virtude, do que queirades. Pero embriagádevos.

E se nalgunha ocasión, nos chanzos dun palacio, sobre a herba verde dun foso, na sombría soidade do voso cuarto, espertades, minguada xa ou disipada  a embriaguez, preguntade ao vento, á onda, á estrela, ao paxaro, ao reloxo, a todo o que fuxe, a todo o que xeme, a todo o que roda, a todo o que canta, a todo o que fala, preguntádelle que hora é; e o vento, a onda, a estrela, o paxaro, o reloxo, responderan:

–         É hora de emborracharse! Para non ser escravos e mártires do Tempo, embriagádevos, embriagádevos sen parar. De viño, de poesía ou de virtude; do que queirades.”

( Embriagádevos – Pequenos poemas en prosa – Charles Baudelaire )


(Todo consiste niso, Seymour, hai que estar sempre, sen parar…)

Comments:

(13)EXERCICIO Nº 28There are Comments for the