Shangri-La

Neste cuarto poderiamos crear o val máis fermoso xuntando eses retallos de mundo que peneiramos coa nosa pel. Palabras, pensamentos, debuxos, fotos, pinturas, unha receita, unha canción, unha pulseira de macramé…. o único requisito é que sexa algo propio, nacido de cada un, ou ben algo tan especial que tería que estar á forza no noso Shangri-La. Precisamos de todo. Crear o mundo perfecto neste recuncho comeza por compartir. Mundo.

Que mundo nos traes ti?

—————

…as frores serán pintadas e serán as que miña nai tiña na súa horta e de xunio a septembro adornaban a consulta de d.carlos o noso médico de cabeceira daquel tempo…

  VermellaVermella

——————

… un petroglifo moi significativo que “adorna” unha pena ben nutrida deles na “falda” do Monte Farelo, concretamente na parroquia de San Fiz de Amarante (Antas de Ulla)… decanteime pola “sinatura en pedra”… nos primeiros albores de cada primavera, ó seu arredor estalan en flor mileiros de toxos que logran unha composición verdadeiramente abraiante…

petroglifo-de-san-fizChousa da Alcandra

——————

Non hai cousa máis absurda ca un río baleiro. Iso deberon pensar estas árbores…

Rioseco Setesoles

———————

… un remache da Torre Eiffel, no pé norte entre o primeiro e o segundo andar, aproximadamente a 150 metros do chan.

Que absurdo un simple remache, non?.

Se faltara, non pasaría nada?, cantos remaches terían que faltar para que caíra a torre?.
Que tensión soporta ese remache?.
Nunca sabremos a resposta a esas preguntas, mais  ten o seu sentido a súa existenza.
Ao igual que ten  sentido a existenza do ser máis insignificante ou da persoa máis anónima, e se faltara que?.

Somos tristes remaches nunha obra inacabada que vai mudando cada día…

REMACHE-PARISPapiros de Hermaco

———————

…un xogo sinxelo coa inxenuidade, seguramente sen moito sentido, pero é que a inxenuidade tampouco o ten e mira canto vale….

Ás veces a inocencia resulta verdadeiramente arrepiante…

E outras…

… mira ti que nos imos atopar: Tres vítimas da inxenuidade a construir o novo mundo.
Con neve.
Ben baratiña.
Se mesmo cha tiran do ceo… !!

Setesoles

———————

Cando alguén di que este monte é sagrado un vai pensando que non podía ser outra cousa. Non ha ser nunca un monte calquera, se cadra porque ningún o é…

Setesoles