EXERCICIO Nº 31

Publicado por Seymour | Publicado en Sen clasificar, literaturaterapia | Publicado o 02-02-2010

(Guardians of the secret - Jackson Pollock)

"Un silencio fondo espállase na escuridade, na chaira, nas montañas e no mar, e é coma se ese silencio esixira , calado pero con determinación, algunha resposta ou algunha aclaración pola nosa banda. Homes, cans e aves. Hai que facer un esforzo. Hai que intentar explicar. (…)"

Un descanso verdadeiro – Amos Oz

( Xogar a descifrar abismos comúns,  lavarlle a cara ao fío das arañeiras íntimas,  sinalizar un par de cruces  no labirinto,  iso é todo o que podemos facer,  Seymour, aínda que arrincásemos as máscaras a máxima transparencia sempre sería unha explicación translúcida. A resposta absoluta queda en mans da interpretación. Libre. Única. Intransmisible. Sen traducción satisfactoria.)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 30

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 04-01-2010

chocolate e limón

"Eu amo tudo o que foi,

Tudo o que já não é,

A dor que já me não dói,

A antiga e errônea fé,

O ontem que dor deixou,

O que deixou alegria

Só porque foi, e voou

E hoje é já outro dia."

Fernando Pessoa

(Día4, Seymour, comecemos a amar o 2010....)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 29

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 21-10-2009

flores"Lembro unha mañá clara do Noveno Mes despois dunha noite de chuvia continua. Malia que o sol brillaba aínda quedaban pingas de orballo nos crisantemos do xardín. Nos cercos de bambú e nos bordos entrelazados vin retallos dunha arañeira e onde racharan os fíos vin colgando pingas de chuvia que semellaban contas de perlas brancas. Sentinme conmovida e encantada. Ao aumentar a luz do día, o orballo foi esvaecendo do trevo e das outras plantas onde antes abondaba; as ramas axitáronse e despois erguéronse ao mesmo tempo coma se falasen para pórse de acordo. Despois conteille á xente o fermoso que fora todo iso. O que máis me impresionou foi que ninguén se impresionara."

O libro da almofada - Sei Shonagon

(...... Seymour, hai xente que finxe que non se impresiona só para agochar que ficou abraiada, va que si?...)

Imaxe:  Raoul Dufy

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 28

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 05-10-2009

libro embriagado

"Hai que estar sempre embriagado. Todo consiste niso: é a única cuestión. Para non sentir a carga terrible do Tempo, que vos creba os ombros e vos inclina cara o chan, tedes que emborracharvos sen tregua.

Pero ¿de que? De viño, de poesía ou de virtude, do que queirades. Pero embriagádevos.

E se nalgunha ocasión, nos chanzos dun palacio, sobre a herba verde dun foso, na sombría soidade do voso cuarto, espertades, minguada xa ou disipada  a embriaguez, preguntade ao vento, á onda, á estrela, ao paxaro, ao reloxo, a todo o que fuxe, a todo o que xeme, a todo o que roda, a todo o que canta, a todo o que fala, preguntádelle que hora é; e o vento, a onda, a estrela, o paxaro, o reloxo, responderan:

-         É hora de emborracharse! Para non ser escravos e mártires do Tempo, embriagádevos, embriagádevos sen parar. De viño, de poesía ou de virtude; do que queirades."

( Embriagádevos – Pequenos poemas en prosa – Charles Baudelaire )


(Todo consiste niso, Seymour, hai que estar sempre, sen parar...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 27

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 07-09-2009

hope-ii-gustav-klimt

Gustav Klimt - Hope II

"Chegará un día en que os nosos fillos, cheos de vergonza, recordarán estes días estraños nos que a honestidade máis simple era cualificada de coraxe."

(Yevgeny Yevtushenko)

(..........)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 26

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 08-06-2009

"(...) o di un veterano, se a súa ortografía maila súa gramática son desastrosas, vostede non pode escribir unha historia brillante e espléndida. Quen non sabe usar a serra e o martelo non fabrica mobles magníficos.

Aínda se vostede foi aplicado no colexio, desenvolveu o seu vocabulario, sabe deletrear “sacrilexio” e “sobreser” e nunca di “entre vostede e meu” ou “ nunca non fixen nada”, iso non basta. Están tamén a estructura sutil da oración e a construcción estilística do parágrafo. Está o entrelazado intelixente da trama, o manexo dos diálogos e milleiros de outros enredos. (...)"

Isaac Asimov


(... entre vostede e meu, Doutora Seymour, ....., ponme medo escribir a lista da compra. Maxine que me cae na cola da caixa do hiper, e que a le o(a) Asimov(a) de turno que está detrás! Existirá o papel comestible, ou un papel que ao chegar ao chan esvaeza ao instante por autocombustión? Existirá un ceo para os gramatoortografodesleixados? Diga que si, míntame se é preciso, que eu quero crer... )

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

NO BICO DA LINGUA

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 18-05-2009

Lingua, tívente toda a vida no bico dos dedos, ata que te biquei, e descubrín que era quen de bicar e trabar en galego.</i

Sei que cando quedo suspendida nas palabras, ti non deixas de mirarme. Un día, alguén, tirou unha foto mentres eu maxinaba como estralarían as guerlas dos barbos se soubesen bicar e como saloucarían as ninfas se as bicase un barbo.
Ti saíches de perfil, cos teu beizos a un milímetro da focha da miña meixela, co teu iris nadando no meu ollo ausente. Sempre me gustou divagar sobre temas improbables.
Xa me coñeces.
Agora.
Pero daquela xa me intuías, e me mirabas, agardando o intre no que a idea aniñaba na miña mente, para sementar unha corredoira de néctar que me levara cara a ti. Axiña. Despois.

Sabes, sabías, que o teu alento tan preto das miñas comisuras invade as miñas ideas de flores en celo, e sempre estás aí (nutrindo o meu pensamento), no etéreo, no práctico, no imperfecto, no exacto, para calmar a miña sede. E a túa.

Lingua, tívente toda a vida no bico da lingua, ata que te traguei, e descubrín que sempre estiveches dentro.
</i

(Está na miña man que aquí (aquí) sexa sempre o teu día. O meu gran de area nun mar inmenso. )

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 25

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 11-05-2009

"Liberdade,s. Un dos bens máis preciosos da Imaxinación, que permite eludir cinco ou seis de entre os infinitos métodos de coerción con que se exerce a autoridade. Condición política da que cada nación cre ter un virtual monopolio.
Independencia. A distinción entre liberdade e independencia é máis ben lene, os naturalistas non atoparon espécimes vivos de ningunha das dúas."


(Diccionario do Diaño - Ambrose Bierce)

(Non é doado elixir que métodos eludo..., Seymour, teño unha imaxinación moi revirada.)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

EXERCICIO Nº 24

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 14-04-2009

Leio-te: — o pranto dos meus olhos rola:
— do seu cabelo o delicado cheiro,
da sua voz o timbre prazenteiro,
tudo do livro sinto que se evola ...

Todo o nosso romance: - a doce esmola
do seu primeiro olhar, o seu primeiro
sorriso, - neste poema verdadeiro,
tudo ao meu triste olhar se desenrola.

Sinto animar-se todo o meu passado:
e quanto mais as páginas folheio,
mais vejo em tudo aquele vulto amado.

Ouço junto de mim bater-lhe o seio,
e cuido vê-la, plácida, a meu lado,
lendo comigo a página que leio.


(Leio-te , Olavo Bilac)


(Leo, e me descubro, Seymmmmmour...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

LÍA

Publicado por Seymour | Publicado en literaturaterapia | Publicado o 30-03-2009

Confiada seguín a frecha verde.
Inocente de min.
Incauta.
O meu destino era perderme malia todas as frechas verdes deste mundo. De súpeto, cando a selva arrincou dos meus pés o carreiro que seguía, non pensei, eu seguín, e interneime co ánimo inconsciente dunha formiga exploradora no labirinto.
Ante tanta beleza que atopei a boca secouse.
As miñas palabras son mancas.
Fiquei muda.
Despois, non sei como saín daquel paraíso. Borrei o rastro da miña memoria. Non quero que ninguén estrague o exceso de asombro que me agarda a próxima vez que sen querer me perda e volva alí...

(...soa, Seymour, hai carreiros polos que só collen dous pés.)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google