CONTRAVENTO

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 25-11-2010

Muller na area,

fronte ao mar,

debullando o aire que esmaga o seu lombo,

nomeando unha por unha todas as rochas,

dinamitando a base da duna que fica muda fronte á marea,

voz que ispe a caverna do Kraken,

berro que acala tifóns,

resposta completa a quen non pregunta,

nin quere saber,

nunca,

nada.

(  nadar o aire, sempre… )