RELAXACIÓN

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 23-06-2010

Á velocidade da luz…

máis ou menos…

nun segundo estaría na Lúa…

nun día fóra do sistema solar…

en 70 anos xa non escoitaría nada de ti…

nun 1.000.000 anos observaríate dende unha galaxia achegada…

nuns 13,7 mil millóns de anos os meus ollos só verían as primeiras luces dun universo novo…

Non sei, quizais entón  podería volver a ti,  exocéntrica, a paso lento, e reconciliarme, contigo, comigo, para sempre. Xamais.

( Seymour, asíneme o parte de faltas, preciso dunhas …pequenas… vacacións.  Traereille un souvenir…)

DEMOLICIÓN

Posted by Seymour | Posted in musicoterapia | Posted on 10-06-2010

  • xa vou farta de best sellers
  • xa vou farta de telenovelas
  • xa vou farta de dramas de medio pelo
  • xa vou farta de exclusivas de vomito enteiro
  • xa vou farta de patrias
  • xa vou farta de patriotas
  • xa vou farta de bandeiras
  • xa vou farta de abandeirados
  • xa vou farta de políticos samesuga
  • xa vou farta de documentais sobre o Serengeti
  • xa vou farta de ovellas
  • xa vou farta do león da metro
  • xa vou farta do xornalismo coprófago
  • xa vou farta de proxenetas alugadores da outra cara dunha nova de violencia de xénero
  • xa vou farta do dirty dancing dos menciñeiros
  • xa vou farta de  tomates con alma de xurelo
  • xa vou farta da friaxe de miolos
  • xa vou farta das orxías dos magnates deste lameiro
  • xa vou farta das manteigas do último tango nas unllas dos banqueiros
  • xa vou farta de ti
  • xa vou farta de min
  • xa vou farta de todos
  • xa vou farta de maquillar tanto lixo
  • xa vou farta de reciclar a merda deste vertedoiro
  • xa vou farta-cansa-aborrecida de que me asasinen os adentros
  • ……

(… e aínda así, pouso a meixela sobre os cascallos da miña ira, para escoitar outra vez o teu canto máis lene, e deixo que lambas as miñas chagas, ata a seguinte hecatombe…)