UTÓPICA (IV)
Publicado por Seymour | Publicado en utópica | Publicado o 11-01-2010
"... un remache da Torre Eiffel, no pé norte entre o primeiro e o segundo andar, aproximadamente a 150 metros do chan.
Que absurdo un simple remache, non?.
Se faltara, non pasaría nada?, cantos remaches terían que faltar para que caíra a torre?.
Que tensión soporta ese remache?.
Nunca sabremos a resposta a esas preguntas, mais ten o seu sentido a súa existenza.
Ao igual que ten sentido a existenza do ser máis insignificante ou da persoa máis anónima, e se faltara que?.
Somos tristes remaches nunha obra inacabada que vai mudando cada día..."
( Hermaco ven de apuntalar con esa imaxe e coas súas palabras o sentido da nosa Shangri-La. Para quen sabe mirar, ata as cousas máis pequenas falan...)


Jo, qué chulo
Pois si…
Somos remaches algúns, outras sodes refemies. Ou?. E entre tod@s soportamos moitas torreseifels
(e non digo o que me pareceu a imaxe ó primeiro, que xa me tachan de verderolo incontestabel…)
As cousas mais simples ou mais insignificantes poidan que teñan tanto peso, no cómputo global da historia, como outras mais relevantes. Ese remache, unha rosa, un soño, un carballo das fragas do Eume, pode que condicionaran mais este mundo que a Batalla de Lepanto ou o Tour de Francia.
Quen sabe!!!!
moi boa cavilación, e presentada dun xeito moi atractivo, tanto a foto como o texto.
(iso deixando a un lado que pensei que era chocolate… a cada un vaille o sentido para donde lle tira)
pero claro, como para todo hai distintos xeitos de velo, eu sempre fun das que pensei que se faltara un remache non pasaría nada. non sei por qué o pensamento estendido de que ser un elo da cadea que perpetúa, ou sostén, a min non me consola moito. ou nada. se acaso quixera rebelarme, incluso. Ser o puto remache que salta só. e atomarpolocú.
Concordo con todos, son un remache (ou refemie
…) case, case universal. Tanto podo apuntalar como dimitir e saltar da mega estructura. Como todos. De feito gustaríame saltar máis, aos remaches métennos a presión….
Non fai moitos anos, as cuadernas dos buques,uníanse con remaches, despois a soldadura ocupouse da fusión dos metais. O problema dos remaches, reside en que cando un deles salta todo se ven abaixo como un castelo de naipes desintegrase a nave. A vida é un conxunto de remaches que se poden vir abaixo co vaivén de calquera onda-
Todos somos remaches, se falta un non pasa nada e se faltan dous tampouco…pero ante unha folga de remaches como mantemos dereita a Torre Eiffel. Certo que parecemos insignificantes…pero non o somos tanto. Unha aperta!
Xan, grazas por esa clase maxistral sobre remaches.
Vintxuca, eu antes de preguntarlle como mantería dereita a Torre Eiffel, preguntaríalle se lle gusta a Torre Eifel tal é como é? Benvida á consulta.
Desculpe Doc, perdinme no ano 2009.
POr alusións agradezo todos os comentarios a respecto das suxestións que suscitaron a miña foto, costoume decidirme cal mandar mais pensoq ue acertei.
Din que unha vella cos bagos fixo unha pipa de viño, coido que Eiffel recolleu este refrán galego cando fixo as pontes portuguesas e aplicouno aos remaches, que sabia decisión.
Está vostede desculpado, Hermaco, grazas por compartir (aquí) esa foto súa e as súas reflexións.