UTÓPICA (III)

Posted by Seymour | Posted in utópica | Posted on 30-11-2009

Rioseco“Non

hai


cousa


máis


absurda


ca


un


río

baleiro…”

O paraíso perfecto precisa do recuncho absurdo, dun bordo pendente sempre de perfeccionar, para non chegar nunca ao cumio do inferno.

(Setesoles ven de plantar este fermoso río seco na nosa Shangri-La. A primeira imaxe do que promete ser unha colaboración habitual e militante.)

12(s) soños…

Posted by Seymour | Posted in musicoterapia | Posted on 19-11-2009

Un serán, antes do amencer, alí onde os meus pasos reverberan no vento, deixei camiñar á miña vixilia e afundinme nos faiados dunha fraga. Antes de que chegara a noite comín amoras dos acivros. (… por cada catro negras engulín unha verde…) espertador
O berro dunha folla fixo que se suicidase a Lúa , a min adoptáronme os nocellos dun castiñeiro, acubilloume cun edredón de ourizos rubios afiados coma apertas. (…de cada catro bicos un case sempre fica xordomudo…)
Durmín naquel berce. Soñei que detrás das mandrágoras sorteaban pensamentos que non quería que se incrustasen nos tendóns das miñas branquias . Excomunguei á quinta lei do país dos pesadelos, e estriqueime. (…xuntei as dedas co embigo….)
Botei raíces. E despois enxertei os meus ollos na estratosfera densa dunha mámoa perforada. Observei como paría unha ovella mentres un lobo se engarzaba a unha osa que aleitaba a uns esquíos polos que rubían catro formigas que invadían os fieitos que vixiaban a unha bolboreta que libaba nun patíbulo que tecera unha cascuda que bailaba sobre o lombo dunha donicela que rezaba ao carón dun coello que espantaba ás catro raposas que adoraban ao año mentres a súa nai zurcía placentas, deitada no meu leito… esmagando os ourizos que me arrolaban…

Cando espertei, morrín.
Como cada xeira.

(……)