EXERCICIO Nº 29

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 21-10-2009

flores“Lembro unha mañá clara do Noveno Mes despois dunha noite de chuvia continua. Malia que o sol brillaba aínda quedaban pingas de orballo nos crisantemos do xardín. Nos cercos de bambú e nos bordos entrelazados vin retallos dunha arañeira e onde racharan os fíos vin colgando pingas de chuvia que semellaban contas de perlas brancas. Sentinme conmovida e encantada. Ao aumentar a luz do día, o orballo foi esvaecendo do trevo e das outras plantas onde antes abondaba; as ramas axitáronse e despois erguéronse ao mesmo tempo coma se falasen para pórse de acordo. Despois conteille á xente o fermoso que fora todo iso. O que máis me impresionou foi que ninguén se impresionara.”

O libro da almofada – Sei Shonagon

(…… Seymour, hai xente que finxe que non se impresiona só para agochar que ficou abraiada, va que si?…)

Imaxe:  Raoul Dufy

DI AGNOSE

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 15-10-2009

diagnose“A ciencia moderna aínda non atopou un medicamento tranquilizador que sexa tan eficaz coma unhas poucas palabras bondadosas.”

(Sigmund Freud)

“Se non se inventase a sociedade, o home aínda sería unha besta brava, ou o que ven sendo o mesmo, un santo.”

(Mijaíl Alexándrovich Bakunin)

(… sempre quixen ser unha santa brava e medicar ao mundo coa miña bondade innata, Doutora Seymour, mais, aahhhh!, a aureola non me favorece…. isto meu aínda vai ser; frustración, frustración, frustración, frustración. )

EXERCICIO Nº 28

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 05-10-2009

libro embriagado

“Hai que estar sempre embriagado. Todo consiste niso: é a única cuestión. Para non sentir a carga terrible do Tempo, que vos creba os ombros e vos inclina cara o chan, tedes que emborracharvos sen tregua.

Pero ¿de que? De viño, de poesía ou de virtude, do que queirades. Pero embriagádevos.

E se nalgunha ocasión, nos chanzos dun palacio, sobre a herba verde dun foso, na sombría soidade do voso cuarto, espertades, minguada xa ou disipada  a embriaguez, preguntade ao vento, á onda, á estrela, ao paxaro, ao reloxo, a todo o que fuxe, a todo o que xeme, a todo o que roda, a todo o que canta, a todo o que fala, preguntádelle que hora é; e o vento, a onda, a estrela, o paxaro, o reloxo, responderan:

–         É hora de emborracharse! Para non ser escravos e mártires do Tempo, embriagádevos, embriagádevos sen parar. De viño, de poesía ou de virtude; do que queirades.”

( Embriagádevos – Pequenos poemas en prosa – Charles Baudelaire )


(Todo consiste niso, Seymour, hai que estar sempre, sen parar…)