LÍA

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 30-03-2009

Confiada seguín a frecha verde.
Inocente de min.
Incauta.
O meu destino era perderme malia todas as frechas verdes deste mundo. De súpeto, cando a selva arrincou dos meus pés o carreiro que seguía, non pensei, eu seguín, e interneime co ánimo inconsciente dunha formiga exploradora no labirinto.
Ante tanta beleza que atopei a boca secouse.
As miñas palabras son mancas.
Fiquei muda.
Despois, non sei como saín daquel paraíso. Borrei o rastro da miña memoria. Non quero que ninguén estrague o exceso de asombro que me agarda a próxima vez que sen querer me perda e volva alí…

(…soa, Seymour, hai carreiros polos que só collen dous pés.)

EXERCICIO Nº 23

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 17-03-2009

“Os pensamentos humanos son coma cuartos. Entre eles hai salas luxosas e cuartuchos saturados. Hainos soleados e sombríos. Algúns dan ao río e ao ceo, outros ao patio de atrás ou ao soto. As palabras neles semellan cousas e poden ser cambiadas dun cuarto a outro. Os pensamentos dentro de nós en realidade, eses cuartos no noso interior, agrupados en palacios ou cuarteis, poden ser moradas de outros onde un resulta ser só un inquilino. Ás veces, sobre todo de noite, atopamos que as saídas deses apousentos están pechadas con chave e non podemos abandonalas. Estamos recluídos coma nun calabozo ata que os nosos soños nos liberan e nos deixan saír. Mais os soños son coma os invitados dunha voda, hai que esperalos. Mentres, reina o insomnio. Din que existen dous insomnios, como dúas irmás. O de antes de durmir e o outro, despois de espertar en plena noite. O primeiro é nai da mentira, o outro é nai da verdade.”

(Mirolad Pavic – “Sete pecados capitais”)

Capricho 43-Goya
</i

( Un pesadelo é coma un cuarto prohibido que de súpeto, durante uns segundos, devora toda a luz do universo, e aínda así case nunca vemos case nada, sabemos buscar o ángulo exacto para non ter que pensar se queremos saber. <font size=”-2″¿Seymour…, dorme?</i)

</i

XOGANDO…

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 11-03-2009

…xogando, qui(-)

(+)zais cheguemos a en(%)

(+)tender algo do in(*)
(#)menso creba(€)

($)cabezas sobre o qu(=)

([])e xogamos (x).

bayat

(Xa é a hora do recreo, Seymour?)

ANTI(DO)TODO

Posted by Seymour | Posted in musicoterapia | Posted on 08-03-2009

Nunca merques unha leituga que non teña ningún

bicho, pero tampouco unha que estea inzada deles.

Os bichos son coma nós, chega un punto no que para

non morrer intoxicados afanse tanto ao veleno que

ata remata por saberlles.

( Iso di unha tía miña, agro-filósofa, Do…ut…ora.)

EXERCICIO Nº 22

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 01-03-2009

“As palavras são boas. As palavras são más. As palavras ofendem. As palavras pedem desculpa. As palavras queimam. As palavras acariciam. As palavras são dadas, trocadas, oferecidas, vendidas e inventadas. As palavras estão ausentes. Algumas palavras sugam-nos, não nos largam: são como carraças: vêm nos livros, nos jornais, nos slogans publicitários, nas legendas dos filmes, nas cartas e nos cartazes. As palavras aconselham, sugerem, insinuam, ordenam, impõem, segregam, eliminam. São melífluas ou azedas. O mundo gira sobre palavras lubrificadas com óleo de paciência. Os cérebros estão cheios de palavras que vivem em boa paz com as suas contrárias e inimigas. Por isso as pessoas fazem o contrário do que pensam, julgando pensar o que fazem. Há muitas palavras.
(…)”

(As palavras, “Deste mundo e do outro”- José Saramago)

(… …….. , ……. …….)