UN ANO – 104 TERAPIAS

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 01-04-2008


Todo ten un sentido

(inexplicable),

un porque

(que auto xustifica),

un principio

( con caducidade),

e un fin

(sen ningún fin).

Durante un ano esta terapia cumpriu todos estes puntos, e aínda máis, moitos máis dos que nolas dúas (a miña paciente e máis eu) agoirábamos cando abrimos esta consulta (a distancia).

Todas as palabras, os puntos as comas, as parénteses … e os silencios… escritos aquí, deixaron (querendo ou sen querer) o son da vosa voz, enchendo este recuncho de pensamento e sentimento, de agarimo e respecto, de risos, de seducción, de acción, evasión, e compromiso, tamén.

A vosa palabra foi (é) o antídoto contra cada unha desas pílulas coas que a realidade envelena e anestesia o inconformismo. E iso, meus-miñas, queridos doutores e doutoras (vós si), xa é por si só: sentido, porqué, principio, e fin.

O tempo pactado de mutuo acordo cumpriuse, a partir de agora, a miña paciente dirá… ela sempre foi a única dona deste sen sentido. A porta queda aberta, e por se acaso a pecha o vento… a chave queda baixo o felpudo, e por se acaso a chave se perde… sempre sabemos onde atoparvos a vós.
Aínda así, e dende aquí, grazas.

( (….) )