DESTROY

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 23-12-2007

Ía frío. Avisaran con tempo no telexornal. Colorearan a fronte de aire siberiano dun azul xeo antártico, onde a primeira liña era un conxunto de dentes en pico.
Ía frío.
Dixérano ben claro.
As frechas rusas asasinaran o anticiclón das Azores. E despois dun vento que nos comería as guedellas das bufandas, chegaría a sarabiada da tundra para colarse dentro das nosas bragas e dos vosos calzóns.
E despois só frío…
Chegaría o frío absoluto.
As rúas baleiras consumirían os escintileos dun alumeado de baixo consumo desesperado por consumir. Os acendedores de mistos esmorecerían nifrando a derradeira liña dun bingo xa cantado en calquera esquina dun escuro portal. Os decembros non correspondidos resignaríanse de novo a ser o lixo dourado dos xaneiros funestos. E todas as estatuas enzoufadas de todos os honrados esquecidos rematarían convertidas en mister potatoes sen orellas, nin beizos, nin nariz.
A verdade, ía frío.
Mais avisaran con tempo.
As cascudas amorearan os ovos das vindeiras xeracións baixo o motor do conxelador, e a xente amoreárase na morna seguridade dos centros comerciais.
A vida intelixente na terra, malia todo, sobreviviu….

(Vina entre a multitude Doutora Seymour, é un acougo saber que vostede tamén se…. salvou…)

SABOTAXE…

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 16-12-2007

“ɹǝs uou op ǝpɐpısuǝɯuı ɐp

oɹʇuǝp ɐllıɐ ǝs ǝnb

oɹʇuoɔuǝ ǝʌǝɹq un ǝ

ɐɹnʇuǝʌɐ ɐɹǝɯǝɟǝ ɐɥun

‘ɐpɐʇuɐɔuǝ uoıɔɐɹnp ɐɥun”

(Non o puiden evitar, Doutora Seymour, deixeime levar pola música e…, pero xa volvo ao rego… xa vou…)