COM….FOR….TA….B..L..E….

Posted by Seymour | Posted in musicoterapia | Posted on 30-11-2007

…..se algunha vez cheguei a crer….adeus a ningunha benvida….. entón eu nunca dixen nada….. penas deformes……fodido pracer…………..eu non son quen…. …todo quedou nun tímido aloumiño ……é doado agasallar palabras torpes….un espacio en ningures… …eu sei….chora se queres…… racha a folla……..é doado agasallar…..o entusiasmo non suple a falta de todo…… un noxento cadrado dentro da verme círculo…. quebra o lapis……..nas mans o goce de espir os sentimentos…..nalgún intre coidei que alguén vía algo……entón

(….eu nunca dixen nada….Doutora….quebre o lapis…—…)

EXERCICIO Nº 10

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 26-11-2007

“Hainas, as palabras, que son como bichos, deses que mudan, que parecen unha cousa e son outra. Polca di que é ao revés do que pensamos. Que as verbas non naceron para nomear as cousas. Que primeiro foron as verbas e despois as cousas. Así que alguén dixo cempés e saíu o bicho. Xa sei que non ten cen pés. O importante é a intención. Quen fai a palabra fai a trampa. Eu non quero pensar no nome dun mal. Imaxina que o dis e funciona. Hai que ter conta co que se di. Ou non. Ao rapaz, ao fillo da pintora e do xuíz, ao mellor tamén lle pasou que quixo meter as palabras para dentro e se lle fixo un bolo, un tapón. Porque as palabras son tamén como migas. Eu cando estou soa na mesa, en silencio, a matinar, os dedos fan doas coas migas de pan sobre o mantel de hule. E cando te decatas, cando pasa o pasmo, esas formas esféricas, moi puídas, como astros, están a mirar para ti. Eu non sei o que farás ti, máis o que fago eu é ir coméndoas moi amodo, as verbas de pan, as do silencio, para non me atragoar.”

(Os libros arden mal – Manuel Rivas)

( Eu sigo o rastro que outros deixaron na corredoira, Doutora Seymour, petiscando todas as palabras que atopo para non deixar silencio detrás de min…)

ELAS, EU, NÓS…

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 25-11-2007

Celebrar o meu corpo e a miña mente, forte e serena, dona da razón,

dona de min.

Eu celebro o que ti tanto desprezas, alcólico da miña dor, parasito

das miñas bágoas.

Celébrome como muller no nome de todas. Elas viven en min, e eu

non abaixarei xamais a miña cabeza.

Lémbrao cada vez que me mires.

Porque e eu son inmortal, son infinita, coma o recordo de todas elas….

(Eterna, coma a túa condena….)

TRIBAL

Posted by Seymour | Posted in packmanterapia | Posted on 22-11-2007

Poderíamos ignorar o mundo mentres o desexo nos tinxe a pel

de prata.

Poderíamos aniñar a verba máis fermosa no ceo da nosa

cama.

Poderíamos crear tormentas nunha noite

amansada.

Poderíamos nadar o un non outro na nosa saliva ata extenuar

as ganas.

Poderíamos entrar na cova do penúltimo beixo.
Poderíamos falar co alento da túa boca na miña boca na túa boca na miña boca.

Poderíamos bailar ata namorar á lúa na vertixe dunha curva

exacta.

(Dancemos…..)

EXERCICIO Nº 9

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 19-11-2007

“ Vinme envolto nunha infinidade de

complicacións que tiveron un gran

valor como “experiencia”. A xente ten

unha alta opinión das vantaxes da

experiencia. Pero a este respecto,

experiencia significa sempre algo

desagradable, en oposición ao encanto

e ao candor das ilusións.”

( A liña de sombra – Joseph Conrad )

( Había unha vez ………………………………………………………………… ,e a paciente comeu á Doutora…)

MAC, MAC

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 14-11-2007

Porqué tiñan que ser tan incómodas as camas do coche-cama? Porqué tiñan que ser tan estreitas? Porqué tiña que cheirar todo o tren a ese maldito desinfectante perfumado? Porqué non collín un avión? Porqué as mozas que dormen na liteira de arriba teñen que padecer de apnea do sono coa angustia que iso me causa? E sobre todo, porqué aquela dona que durmía na liteira do lado non quitara a maquillaxe antes de pórse a durmir?

Botei horas ollando para ela, fun testemuña de como a máscara de pestanas foi esvarando pouco a pouco esparexéndose (dun xeito horrible e nada favorecedor) máis alá das olleiras, e de como o carmín vermello inalterable chegaba a alterarse e enzoufaba a funda da almofada da RENFE mentres ela (que semellaba tan respectable) soñaba soños que unha nunca debería ter nun camarote compartido.

Máis tarde, mentres ía no taxi, pensei que no fondo aquela faciana enzoufada era o máis apaixonante que me pasara na fin de semana, que aldraxar as sabanas da RENFE con carmín e rimmel era do máis erótico, é que aquela muller ( mentres durmía) era coma a Afrodita desleixada que eu sempre quixen ser… Claro que tamén hai que ter en conta que xa levaba máis de 32 horas seguidas sen pegar ollo…e nos beizos; nada.

(Aquela noite fun para a cama maquillada coma unha porta, Doutora Seymour, e agora teño un xogo de cama que podería expor en calquera museo de arte contemporáneo sen problema ningún. Non me diga que non son positiva… )

SUB MISIÓN

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 12-11-2007


Un día xurei que comulgaría con rodas de muíño. Que sería boa. Obediente. Que nunca trabaría a man que me obriga a comer…
Xurei.
Blasfemei.

( Só por saber pregunto na cola da panadería quen é o último para a absolución, o que me responde xa trae posta a penitencia da casa… sabía que esquecera algo, Doutora Seymour, terei que volver…)

BIO-GAITAS DELIGHT

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 08-11-2007

“La hamburguesa completa y más sana.
Contiene bífidus, omega 3, omega 4,
salvado, todas las vitaminas y casei
immunitas por tubo. Te renueva por
dentro y por fuera. Evita la formación
de cal en tu lavadora, blanquea los
dientes y es tan fina que no notarás
que la llevas puesta.”

(Francisco Ibáñez)

( Doutora Seymour, xúrolle polo máis sagrado que a miña dieta de cabeceira é atlántica a máis non poder. O desa mancha de ketchup na receita que lle din ao boticario ten unha explicación. Confie en min…)

EXERCICIO Nº 8

Posted by Seymour | Posted in literaturaterapia | Posted on 05-11-2007

“ O humor é o senso exacto da relatividade de tódalas cousas, iso é, a crítica constante do que se cre ser definitivo, a porta aberta ás novas posibilidades sen as que ningún progreso do espírito sería posible. O humor non pode chegar a conclusións xa que toda conclusión é unha morte intelectual, e é, mesmamente, este lado negativo do humorismo o que disgusta a moitas xentes inda que indica o límite das nosas certidumes e é a maior vantaxe que se nos pode conceder. O humor non é o riso. O rir é un tribunal social que xulga e condena as ridiculeces, comparándoas coa verdade admitida que fai lei. O humor non está ó servicio da sociedade, senón dos deuses e dedícase a nos mostrar ou a que aluguemos o encontro coñecido co descoñecido. O humor non ten nada que poida agradar ós que se sacian de orgullo pechándose nas súas certezas, xa que, pola contra, é o nerviosismo dunha intelixencia que quere voar, nerviosismo sempre doloroso, pois, ó abri-las súas ás, o espírito martirízase contra os barrotes da súa gaiola.”

( O segredo do humor – Celestino Fernández de la Vega (citando a Gómez de la Serna que a súa vez cita a Pawlowski…)

( A min ás veces case me da medo rir Doutora, igual é porque teño moito sentido do humor…¿non?)

OITO

Posted by Seymour | Posted in Xeral | Posted on 02-11-2007

Recibo da <a href=

Arqueira unha proposta de exercicio que trata de conseguir que a miña paciente concrete (por unha vez) e diga claramente oito cousas que lle gustan. Por suposto pareceume que lle ía vir moi ben e propuxénllo. Velaquí está a resposta que me enviou e que analizarei dun xeito implacable… (vese que está un pouco preguiceira)








Segundo se indica nas bases, un ten liberdade para realizar o exercicio como mellor lle pareza e sobre o tema de gustos que mellor lle veña, ademais un debería pasalo a oito vítimas… Se non o fixeron xa, gustaríame ver que lle gusta a: O´Padín, Enredada, Ninsesabe, Anxélica, Hermaco, Oquetencutenmedo, Sarampelo, e Vakastolas